FINE, ANNE (AUTOR/A)

Anne Fine (Leicester, Gran Bretaña, 1947) estudiou Historia e Ciencias Políticas e residiu en Canadá e nos Estados Unidos. Empezou a súa carreira como profesora e despois traballou en Oxfam, unha organización de loita contra a fame. Deixou estas tarefas humanitarias para dedicarse ao coidado das súas dúas fillas e foi, entón, cando se decidiu a escribir. Actualmente vive no Condado de Durham. As súas obras para nenos e mozos espertaron enorme interese e recibiron os catro galardóns máis importantes que se conceden no Reino Unido para novela infantil e xuvenil, xénero no que leva publicadas máis de vinte obras. Entre elas destacan The Granny Project (1983, El proyecto abuelita) Madame Doubtfire (Señora Doubtfire) Bill´s New Frock (1989, Premio Smarties e Premio Nottinghamshire Billy y el vestido rosa), Goggle Eyes (1989, Carnegie Medal Winner e premio do diario The Guardian Ojos saltones) The Stone Menagerie (1991, Carnegie Medal Winner) The Book of the Banshee (1991, Guerra en casa) The diary of a Killer Cat (1994). Flour Babies (1992, O saco de Simon, Xerais 2000), merecedora do Carnegie Medal Winner, do Whitbread Children´s Novel Award e Boston Globe/Horn Book Honor Book, é a súa primeira obra traducida a lingua galega. Por toda a súa obra, traducida a vinte linguas, foi nomeada candidata ao Premio Andersen.


Libros del autor

Ordenar y filtrar

Opciones

Ordenar por:

Filtros Quitar

Disponibilidad:

Sección:

Editorial / Marca: